30/10/2026
⏰🚨 HOXE É O ÚLTIMO DÍA!
Remata o prazo para participar no VII Certame ! Se aínda non enviaches o teu vídeo, esta é a túa última oportunidade. 📱🎬
💡 Tes unha idea para TikTok ou Reels? Crea un vídeo orixinal en galego, de entre 15 e 60 segundos, sobre a temática que máis che guste e participa!
💸 6 premios de 300 € están en xogo, con categorías para a mocidade de 13 a 17 anos e para persoas a partir dos 18.
📩 Envía hoxe mesmo o formulario de inscrición cuberto e asinado xunto co vídeo a [email protected].
💙 Non o deixes para despois: o prazo de inscrición remata hoxe, 30 de outubro!
Prepara, grava e comparte. O galego tamén ten moito que dicir nas redes! 🚀