Toxo Telecom

Toxo Telecom Operador de telefonía móbil e fibra óptica 100% galego. Disfruta con Toxo Telecom das mellores tarifas e servicios. Empresa de telecomunicacións

24/10/2026

Ser da SD Compostela esta tempada ten premio dentro e fóra do campo 😏⚽💚

Se es abonado, ou te fas abonado, e te das de alta en Toxo...
👉 devolvémosche o importe do abono nas túas cotas ata compensalo por completo
👉 e tes un 10% de desconto nos servizos contratados con Toxo durante toda a tempada

E aínda hai máis: cada alta vinculada á campaña tamén suma apoio ao Compos.

Porque facer equipo en Santiago é isto. Apoiar o de aquí e que a colaboración se note de verdade.

👉 Escríbenos e contámosche como aproveitar a campaña.

Poñer unha cámara pode ser parte da seguridade dun negocio. Pero non debería ser toda a estratexia.Porque tamén importa ...
20/10/2026

Poñer unha cámara pode ser parte da seguridade dun negocio. Pero non debería ser toda a estratexia.

Porque tamén importa saber que pasa cando non estás, que zonas necesitas controlar, como recibes un aviso, se a conexión responde ou quen che axuda cando algo deixa de funcionar.

A seguridade non vai de acumular cámaras, sensores e funcións.

Vai de ter unha solución que encaixe cos riscos e co día a día real do teu negocio.

Neste carrusel deixámosche 5 preguntas que paga a pena facerse antes de decidir.

Se queres revisar o teu caso, en Toxo axudámosche a velo claro.

18/10/2026

Hai preguntas que parecen inocentes… ata que lle dás un micro á xente 😏🎤

Javi Maneiro saíu á rúa para descubrir que é o que máis vos desespera dunha teleco: chamadas, atención, esperas, tarifas… e algunha resposta vén con recado incluído 👀

Nós tomamos nota. Porque ao final, máis alá de fibra, móbil e números, hai algo que se valora moito: que che atendan, che escoiten e che falen claro.

👇 E agora vai para ti: que é o que máis che molesta a ti?

13/10/2026

Ás veces miramos a factura, vemos o total e pensamos: “bueno… será isto” 😏💸

Pero igual merece a pena mirar un pouco máis. Liñas adicionais, bonos, servizos, promocións que rematan ou conceptos que nin lembrabas ter contratados.

Porque unha cousa é saber canto pagas… e outra saber por que o pagas.

👉 Fai a proba coa túa próxima factura. E se hai algo que non che cadra, escríbenos e botámoslle un ollo contigo.

11/10/2026

Unha alarma non é poñer catro aparellos na parede e dicir “ala, xa está” 😏🔐

Cada negocio é un mundo: non necesita o mesmo unha tenda pequena ca unha nave industrial. Por iso en Toxo, xunto con , miramos o espazo, valoramos o que realmente precisa e adaptamos o sistema de seguridade a cada caso.

A idea é ben sinxela: ti ocúpaste do teu negocio e nós axudámosche a que a seguridade non che quite o sono.

👉 Escríbenos e contámosche que solución encaixa no teu.

A seguridade dixital da casa non empeza con cousas raras nin con saber informática.Empeza por algo moito máis simple: bo...
06/10/2026

A seguridade dixital da casa non empeza con cousas raras nin con saber informática.

Empeza por algo moito máis simple: botarlle un ollo ao router que tes acendido as 24 horas 📶

Cambiar o contrasinal, revisar quen está conectado ou crear unha rede para convidados son pequenos xestos que poden marcar a diferenza.

Neste carrusel deixámosche 5 revisións sinxelas para facer con calma e deixar a túa rede un pouco máis protexida.

👉 Gárdao e comproba cantas tes xa feitas. E se hai algunha que che soa a chinés… xa sabes onde estamos 😏

04/10/2026

Ás veces falamos de altas, instalacións ou novas liñas coma se fosen só números… pero detrás de cada unha hai unha casa, un negocio e alguén que decidiu confiar en nós 💚

Este verán houbo moito movemento: instalacións, visitas, cambios, dúbidas, novas necesidades… e moitas conversas das que nos gustan, cara a cara e falando claro.

Aos que chegastes novos, benvidos á familia Toxo.
E aos que xa estabades aquí, grazas por seguir confiando en nós 🌿

E se aínda non es Toxo… tranquilo, que che gardamos sitio 😏

Hai lugares pequenos que gardan historias enormes.A Pedra da Ra é un deles.Á primeira vista pode parecer só un penedo si...
29/09/2026

Hai lugares pequenos que gardan historias enormes.

A Pedra da Ra é un deles.

Á primeira vista pode parecer só un penedo singular. Pero arredor dela sobreviven lendas que falan dun antigo lugar de culto, da chegada da primavera, dunha moura tendeira e dunha idea moi nosa: non é o mesmo ter riqueza ca ter fartura.

Porque esta non é só a historia dunha pedra.
É a historia dun lugar onde paisaxe, memoria e tradición levan séculos falando entre elas.

Con esta peza seguimos percorrendo as Lendas de Galicia, poñendo o foco neses recunchos que ás veces temos ao lado… e dos que aínda nos queda moito por descubrir.

👇 Se coñeces algunha lenda da túa zona que debería saír nesta serie, cóntanola nos comentarios.

28/09/2026

Detrás dese “Toxo Telecom, boas!” hai algo máis ca unha voz 😏🎧

Hai alguén que escoita o que che pasa, pregunta, busca a solución e intenta que colgues coa cousa clara. Porque atender non é só descolgar o teléfono: é entender a persoa que hai ao outro lado.

E si, ás veces toca preguntar ao compañeiro, mirar dúas veces ou darlle unha volta… pero a idea é sempre a mesma: que non te quedes coa dúbida 💚

Así entendemos en Toxo a atención de proximidade.

A volta ao cole xa trae suficientes gastos… que polo menos a factura non se apunte tamén á festa 😏📚📶Durante todo o curso...
22/09/2026

A volta ao cole xa trae suficientes gastos… que polo menos a factura non se apunte tamén á festa 😏📚📶

Durante todo o curso, en Toxo tes un 10% de desconto e este pack queda así:

✅ Fibra + fixo + 2 liñas móbiles
✅ 26,95 €/mes coa promoción
✅ O desconto mantense durante todo o curso

Para que volvan as clases, os horarios e os madrugóns… pero a factura quede un pouco máis tranquila 😉

👉 Escríbenos e contámosche como aproveitar a promo.

Dirección

Rúa De Galicia 71
Riveira
15960

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Toxo Telecom publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Toxo Telecom:

Atajos

Compartir