24/10/2026
🔴 𝐀 𝐗𝐔𝐍𝐓𝐀 𝐂𝐎𝐍𝐕𝐎𝐂𝐀 𝐀 𝐒𝐄𝐆𝐔𝐍𝐃𝐀 𝐄𝐃𝐈𝐂𝐈Ó𝐍 𝐃𝐎𝐒 𝐁𝐎𝐍𝐎𝐒 𝐀𝐂𝐓𝐈𝐕𝐀 𝐂𝐎𝐌𝐄𝐑𝐂𝐈𝐎 𝐂𝐎𝐍 𝟐,𝟓 𝐌𝐈𝐋𝐋Ó𝐍𝐒 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐃𝐄𝐒𝐂𝐎𝐍𝐓𝐎𝐒
🔴 A Xunta de Galicia convoca a segunda edición de 2026 do programa 𝐁𝐨𝐧𝐨𝐬 𝐀𝐜𝐭𝐢𝐯𝐚 𝐂𝐨𝐦𝐞𝐫𝐜𝐢𝐨, cun orzamento de 𝟐,𝟓 𝐦𝐢𝐥𝐥ó𝐧𝐬 𝐝𝐞 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬 para incentivar as compras e apoiar os pequenos negocios. Cada persoa poderá dispoñer dun bono de ata 𝟑𝟎 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬.
🔴 Os descontos serán de 𝟓 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬 en compras de 20 a menos de 30 euros, 𝟏𝟎 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬 entre 30 e menos de 50 euros e 𝟏𝟓 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬 en compras de 50 euros ou máis. Os bonos poderán empregarse nunha ou varias compras nos establecementos adheridos.
🔴 Poderán solicitalos as persoas 𝐦𝐚𝐢𝐨𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐞 𝐞𝐝𝐚𝐝 𝐫𝐞𝐬𝐢𝐝𝐞𝐧𝐭𝐞𝐬 𝐞𝐧 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚. A tramitación realizarase a través de 𝐰𝐰𝐰.𝐛𝐨𝐧𝐨𝐬𝐚𝐜𝐭𝐢𝐯𝐚𝐜𝐨𝐦𝐞𝐫𝐜𝐢𝐨.𝐠𝐚𝐥 e os descontos aplicaranse mediante un código QR. Non se poderán utilizar en compras en liña.
🔴 A convocatoria tamén contempla o sorteo de 𝐜𝐚𝐭𝐫𝐨 𝐛𝐨𝐧𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝟐𝟓𝟎 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬, dous en Facebook e dous en Instagram. A data de activación e o prazo de utilización deberán consultarse na web oficial, xa que os bonos estarán dispoñibles ata esgotar o orzamento ou rematar a vixencia do programa.
https://www.facebook.com/share/1E9LqWEtoj/?mibextid=wwXIfr