Conxenia

Conxenia Deseño gráfico feito con mimo para produtos artesáns, feitos con mimo.

Sempre penso en aproveitar as vacacións para facer todo aquelo que o resto do ano vou acumulando e pensando... va!, isto...
06/08/2026

Sempre penso en aproveitar as vacacións para facer todo aquelo que o resto do ano vou acumulando e pensando... va!, isto fágoo en agosto..🤓

Pero cheguei á conclusión de que neste agosto non penso facer absolutamente nada produtivo.

Vou poñer o corpo e a cabeza en pausa, baixar revolucións e practicar con moita dedicación e empeño a fermosa arte do "Dolce far niente".

Vémonos á volta 💛

Esta fin de semana estiven nun festival que me sorprendeu moi gratamente pola maneira na que entende a accesibilidade e ...
15/07/2026

Esta fin de semana estiven nun festival que me sorprendeu moi gratamente pola maneira na que entende a accesibilidade e a inclusión. 💛

Había intérpretes en lingua de signos, un espazo sensorialmente amable para baixar revolucións, protección auditiva para pequenas, percorridos e mapas con información visual clara e ben organizada.

E fíxome pensar que a inclusión non é só unha rampa para mellorar a visibilidade e alegroume ver esta evoluciónn e coidado nos espazos para que ninguén quede fóra ❤️

⭐ Asi que unha estreliña dourada e un aplauso para as persoas que organizan saraos e entenden que accesibilidae non é un extra, senón unha forma de coidar e integrarnos a todas.

E ti que opinas? Notas este cambio?

Hoxe espertei cunha canción en bucle:“Madrugada de San Xoán,madrugada máis garrida….”Grazas, Luar na Lubre e Rosa Cedrón...
23/06/2026

Hoxe espertei cunha canción en bucle:

“Madrugada de San Xoán,
madrugada máis garrida….”

Grazas, Luar na Lubre e Rosa Cedrón pola versión e por ocuparme a mente desde primeira hora😅, non me quedou outra que facerlle un collage ao día.

Que teñas moi boa noite/ madrugada de San Xoán 🔥🎶

E por certo, lembras esta canción? 🎶
pode que aínda non naceras 😏… pois dime a wikipedia que foi feita alá polo 1997.. tela!

ProxectosEducativos FeitoEnGalicia

16/06/2026

Bo día compañeiras!

Por aquí seguo a bo ritmo e pensando no curso que ben.

Levo un par de anos deseñando esta axenda personalizada e, sinceramente, alégrome cando me din que é moito máis ca unha ferramenta de organización.💜

Teño o mes de xullo reservado para maquetar e deseñar as do próximo curso, e xa van quedando poucos ocos. Asi que se lle estás dando voltas a un material útil e totalmente personalizado para o teu centro ou proxecto, non o deixes para o último momento que chega agosto e todo son présas! 😜

Apertiña e moi bo martes para ti! 🌞

O peche de curso sempre é unha tolemia pero levo tempo dándolle voltas a unha idea:📚 Crear axendas didácticas personaliz...
01/06/2026

O peche de curso sempre é unha tolemia pero levo tempo dándolle voltas a unha idea:

📚 Crear axendas didácticas personalizadas para centros educativos, incorporando datas clave, actividades, reflexións e contidos adaptados á realidade de cada un.

Coa idea de organizar o curso e ter unha ferramenta útil coa que poder traballar.
Se cres que pode ser unha ferramenta útil e queres ver unha que deseñei o pasado ano, escríbeme!

Xunto con Begoña Caamaño son 8 as mulleres homenaxeadas no Día das Letras Galegas. Poucas me parecen para levar 64 anos ...
15/05/2026

Xunto con Begoña Caamaño son 8 as mulleres homenaxeadas no Día das Letras Galegas. Poucas me parecen para levar 64 anos celebrándoas...🙄

Desde esta humilde conta, animo aos señores da RAG a visibilizar máis o talento feminino, a ver se imos saíndo, pouco a pouco, dos Séculos Escuros 😮‍💨

E ó que imos...para celebrar a Begoña -unha boa, feminista e comprometida coa nosa lingua- fixen este pequeno collage dixital.

Hoxe apetecíame crear algo porque si, sen pensalo moito e ela foi o detonante perfecto para divertirme un ratiño 😋

Que teñades bo venres e unha moi boa fin de, chea de Letras en galego 😊

A ver, coleguis! ✨ Organizar unha xornada xa implica moitas decisións, e a parte visual non debería ser unha carga máis ...
28/04/2026

A ver, coleguis! ✨ Organizar unha xornada xa implica moitas decisións, e a parte visual non debería ser unha carga máis na lista.

Eu non deseño só un cartel… constrúo unha forma de comunicar un proxecto. Por iso digo que o meu traballo non é só deseñar: é dar estrutura, coherencia e, en definitiva, calidade.

Así que, se tes algo en marcha, podemos velo xuntas! 📩

Bo día do libro, camaraders! 📚🌹
23/04/2026

Bo día do libro, camaraders! 📚🌹


14/04/2026

Compostela Máis Solidaria xa está aquí 💥�e van 10 anos camiñando xuntas!

Isto non é un cartel.�É un sistema.

Unha identidade viva, dinámica e versátil que medra e se adapta ano tras ano.

Tedes toda a programación aquí 👉

Que teñades moi bo día!

Mesmo contido, outra percepción.😊Un cartel pode cumprir... ou comunicar de verdade. ⭐ Porque non é o mesmo usar un deseñ...
08/04/2026

Mesmo contido, outra percepción.😊

Un cartel pode cumprir... ou comunicar de verdade. ⭐

Porque non é o mesmo usar un deseño con intención para construír unha peza única; pensada para o proxecto, un público e o contexto ca outro feito por unha IA onde todo parece o mesmo, non che parece?

Que teñades moi bo mércores, amiguis!

# #

Dirección

Rúa Do Xardín 20
Manzaneda
32781

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 19:00
Martes 09:00 - 19:00
Miércoles 09:00 - 19:00
Jueves 09:00 - 19:00
Viernes 09:00 - 14:00

Teléfono

+34699449910

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Conxenia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir