18/06/2026
Fai 10 anos, convidáronnos a asistir a unha reunión de marketing por referencias en Lalín. Que fose ás 07.30h da mañá despistounos un pouco. Nada sabiamos daquela dun formato de negocio que nos acabaría convencendo dende o minuto 1.
Hoxe, Lorena P***s preside , un dos grupos de que demostra -semana a semana- o poder da confianza entre as persoas. Fai uns días, o grupo celebrou o seu sexto aniversario e si, foi un éxito.
Formar parte disto non só nos senta a carón do tecido empresarial, tamén nos permite coñecer de primeira man os seus retos, as súas preocupacións, o que precisa e como comunicalo de xeito eficiente.
E dito sexa de paso, desfrutar de veladas tan fermosas coma esta. Seguimos!