Radiofoz Política

Radiofoz Política Noticias de temática política.

05/10/2016
05/10/2016
Para o BNG "a vangarda do feminismo tamén está no rural" solamente 13 explotacións teñen en Galiza a condición de titula...
08/03/2016

Para o BNG "a vangarda do feminismo tamén está no rural" solamente 13 explotacións teñen en Galiza a condición de titularidade compartida

Concelleiras do BNG da comarca de Lugo visibilizaron o seu compromiso coas mulleres do rural para que o "o 8 de marzo sexa, tamén, das mulleres que resisten no agro"

A situación real da muller no eido agrario refléxase en que solamente 13 explotacións lácteas das 35.000 existentes teñen en Galiza a condición de titularidade compartida

A Pastoriza, 7 de marzo de 2016. Concelleiras do BNG - Asembleas Abertas da comarca de Lugo visitaron, con motivo do 8 de marzo, unha explotación do concello de A Pastoriza para visibilizar, unha vez máis, a discriminación que sofren as mulleres, moi en particular no laboral, e coa lacra da violencia machista sen unha resposta comprometida e eficaz por parte dos poderes públicos. As ediles nacionalistas apuntaron que os gobernos do PP foron "absolutamente corrosivos" en materia de igualdade e o feminismo segue a estar máis vixente ca nunca.

Unha mostra de que o medio rural é un dos entornos máis afectados por esta discriminación da muller é o feito de solamente 13 explotacións lácteas das 35.000 existentes teñen en Galiza a condición de titularidade compartida o que significa que aínda hai moitas mulleres que non teñen recoñecido o seu traballo como coparticipes sendo "auténticas resistentes no agro". "O 67% das mulleres que traballan non son titulares e polo tanto non computan" e "esto demostra o abandono e desinterese da administración á hora de materializar esta lei que permite equiparar a condición das mulleres no agro".

Máis da metade teñen menos de 50 anos o que significa, para o BNG, que "a vangarda do feminismo tamén está no rural" e mostra desto son os milleiros de mulleres que viven e traballan no medio rural apesares da falta de servizos e de que para equiparar o seu salario ao dos homes teñen que traballar 85 días máis cada no que o home e manterse activas 9 anos máis que un home para percibir a pensión máxima despois de 36 anos de vida laboral.

"Nestes últimos anos asistimos a un incremento da precariedade laboral, máis desemprego, feminización da pobreza, son algunhas das consecuencias da discriminación que soportan as mulleres, que afecta particularmente ás mozas" sinalou Elva Carrera voceira do BNG e Tenente - Alcalde da Pastoriza e referiuse tamén á situación laboral explicando que " só no último ano se perderan 4.600 empregos entre mulleres de 25 a 35 anos, dato que se complementa con altas taxas de temporalidade e salarios baixos". Carrera indicou, tamén, que a fenda salarial entre homes e mulleres en Galiza é do 23%, "a máis alta do Estado", dato ao que se engade as pensións máis baixas. "A situación económica das mulleres en Galiza é alarmante, e as mozas son as peor paradas nesta desigualdade dentro da desigualdade", salientou.

O Bloque vai levar ao Parlamento Galego unha proposta dun plan de igualdade no traballo "que analice e que penalice a fenda salarial, que cree emprego de calidade para as mulleres galegas, e con medidas reais de conciliación máis aló dos cheques benvida de Feijóo en ano electoral". Emprego e conciliación, son clave para acabar coa discriminación laboral, concluíu a deputada.

Lugo, á cabeza de Europa en investigación biomédica e veterinaria grazas ao Cebiovet, que foi inaugurado este vernesA Al...
19/02/2016

Lugo, á cabeza de Europa en investigación biomédica e veterinaria grazas ao Cebiovet, que foi inaugurado este vernes

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participaron este venres na inauguración do Centro de Investigación en Biomedicina e Veterinaria (CEBIOVET), o único centro destas características en España e un dos poucos en todo o contiente. Ao acto de inauguración tamén asistiu o Director-Xerente da Fundación Rof Codina, Luis Felipe de la Cruz Palomino, o reitor da USC, Juan Viaño, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Durante o acto de inauguración, a rexedora fixo fincapé no valor engadido ao tecido produtivo que crearán estas novas instalacións, posto que a transferencia dos coñecementos científicos e tecnolóxicos xerados no Cebiovet redundarán na adaptación deste tecido cara novos produtos e servizos, “co que Lugo gañará competitividade e reindustrialización, creará riqueza e emprego e recuperará poboación”, subliñou Méndez.

Para a rexedora, o Cebiovet, “abre novas e grandes oportunidades para o crecemento económico e o desenvolvemento social da cidade ao consolidar a economía do coñecemento e a innovación como motor de Lugo, ademais de complementar e potenciar os grandes recursos que Lugo tiña neste eido, un campus que avanza cara a especialización en materia de investigación e innovación no ámbito forestal, veterinario e agrogandeiro”.

Pola súa banda, o Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, subliñou que "estas instalacións marcarán un antes e un despois no ámbito universitario e científico da nosa provincia". Campos Conde quixo recoñecer tamén "o incesable traballo da comunidade educativa, así como a implicación das administracións públicas, que produciu qua a Facultade de Veterinaria se convertese nun referente a nivel nacional e europeo".

Campos Conde lembrou que a Deputación colaborou coa Fundación Rof Codina para a posta en marcha do CEBIOVET cedendo unha parcela de 1.800 m2, así como cunha achega de máis de 160.000 euros, que serviron para financiar parte das novas instalacións deste pioneiro centro de investigación.
As novas instalacións
O Cebiovet, que se ampliou grazas á colaboración entre o Concello de Lugo –que achegou máis de 190.000 euros-, a Deputación –cedendo unha parcela de 1.800m2 así como unha achega duns 160.000 euros-, a Xunta de Galicia e a USC, ten unha superficie duns preto de 5.000 metros cadrados. O proxecto, cun orzamento total duns 4,5 millóns de euros e cuxas obras comezaron en setembro de 2014, consistiu na reforma, adecuación e ampliación dos pavillóns existentes de hospitalización e experimentación animal; a construción dun novo pavillón e a conexión dos dous edificios mediante un corredor cuberto, para facilitar o tránsito entre os distintos módulos. Con esta actuación, o centro de experimentación conta cunhas instalacións óptimas e homologadas, permitindo controlar rigorosamente as condicións de mantemento, benestar e coidado dos animais.

Méndez, de la Cruz, Viaño, Campos e Núñez Feijóo realizaron un percorrido pola zona de ciruxía, a nave de mascotas e a nave de vacuna destas novas instalacións coas que a partir de hoxe conta Lugo e que se suman ás da Facultade de Veterinaria, que con 32 anos é un referente estatal e europeo, e o Hospital Universitario Rof Codina, polo de referencia en Europa.

Padroado Rof Codina
Previamente, Campos Conde e Méndez López participaron na Reunión do 6º Padroado Extraordinario da Fundación Rof Codina, durante a que se entregaron diplomas a persoeiros destacados durante os 20 anos que leva traballando a Fundación Rof Codina.

Lugo, 19 de febreiro de 2016

18/02/2016
O BNG DE FOZ PRESENTA UNHA LISTA RENOVADA ENCABEZADA POR LORENA SEIVANEFoz, 13 de Marzo de 2015.- Dous independentes, Te...
13/03/2015

O BNG DE FOZ PRESENTA UNHA LISTA RENOVADA ENCABEZADA POR LORENA SEIVANE

Foz, 13 de Marzo de 2015.- Dous independentes, Teresa Rego e David García, ocupan o segundo e o cuarto posto dunha candidatura na que o cincuenta por cento dos integrantes son caras novas.
O BNG de Foz presentará este sábado ás 20:00 horas no Centro Social do Porto de Foz a candidatura completa coa que concurrirá ás eleccións municipais. Trátase dunha candidatura de renovación na que entre os catro primeiros postos se atopan dúas persoas independentes: a número dous Teresa Rego e no cuarto posto David García, que intervirán no acto, xunto coa candidata Lorena Seivane.

Teresa Rego ten 35 anos e é profesora e tradutora de inglés. Ademais coordina o club de lectura da Asociación A pomba do arco.
David García, coñecido como Chamaco, é estibador portuario en Alcoa e ten 28 anos.
Ademais tamén falará o médico do hospital da Costa Iago Villamil, que ocupa o sexto lugar na candidatura.
Os nacionalistas preséntanse como garantía para que o Concello estea ao servizo de toda a cidadanía e non do interese personalista de ningún candidato.
A lista que se presenta conxuga experiencia e renovación contando con máis da metade de novas incorporacións, que representan ó tecido social focego e que pretenden traballar na defensa do interese xeral dos veciños e veciñas de Foz.

O acto estará arroupado polo secretario Nacional de Organización Bieito Lobeira, que respalda deste xeito unha candidatura renovada que aspira impulsar un cambio na vida política de Foz.

Dirección

Foz
27780

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Radiofoz Política publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir