A Fenestra de Radio Fene

A Fenestra de Radio Fene Radio Fene é a emisora local de radio en Fene (Galicia). Mensaxes de whatsapp ao 659193663 Radio Fene é a emisora municipal de Fene (Galicia)

  | Exeria, a banda formada por Mateo González, Martín Alfaya, Miguel Martínez e Diego Lage, poden definirse como unha b...
06/11/2026

| Exeria, a banda formada por Mateo González, Martín Alfaya, Miguel Martínez e Diego Lage, poden definirse como unha banda de rock alternativo e grunge. Teñen o galego como lingua de composición dende o primeiro momento pero, ollo, como o mundo é dos valentes, atrévense tamén a facer unha versión xaponesa para o seu tema “Como un xove É”.

Exeria, a primeira muller viaxeira e escritora da que se conserva un relato na Península ibérica préstalles o seu nome a unha banda que presume de ser “ unha banda de románticos namorados das guitarras distorsionadas e das grandes melodías».

06/11/2026

| Contrario á Folga Xeral e irónico co listado de investimentos que pide o PSOE para Fene á Xunta de Galicia mostrouse o voceiro do Partido Popular no Concello de Fene, Gumersindo Galego.

  | O PSOE reclámalle á Xunta investimentos para Fene e critica a discriminación do municipio nos Orzamentos galegos par...
06/11/2026

| O PSOE reclámalle á Xunta investimentos para Fene e critica a discriminación do municipio nos Orzamentos galegos para 2027.

Unha residencia de maiores e un centro de día público, a humanización da avenida Conces, a reparación do instituto de Fene, a extensión da rede pública de auga son algúns dos investimentos que lle reclama o PSOE á Xunta. “Son demandas xustificadas”, indica a voceira muncipal socialista, ...

  | Detidas 12 persoas e desarticulada unha rede dedicada á distribución de droga en Galicia. Na operación incautáronse ...
06/11/2026

| Detidas 12 persoas e desarticulada unha rede dedicada á distribución de droga en Galicia. Na operación incautáronse substancias estupefacientes, seis armas de fogo, grandes cantidades de munición, 138.000 euros en efectivo e doce vehículos. A organización enganou a un veciño de Narón que chegou a entregar a suma de 255.000 euros por 30 quilos de co***na dos cales 29 resultaron ser cemento en po.

Petronium-Heracles. Así bautizaron a operación da Garda Civil, Vixilancia Aduaneira e Policía Nacional que desarticulou unha rede dedicada á distribución de droga en Galicia, con 14 presuntos implicados, dos cales 12 resultaron detidos e dous investigados. Na operación investigáronse numeroso...

  | O Colexio da Solaina en Narón reclama o cambio da cuberta. Data de hai 46 anos e conta con amianto. Cando chove, hai...
05/11/2026

| O Colexio da Solaina en Narón reclama o cambio da cuberta. Data de hai 46 anos e conta con amianto. Cando chove, hai pingueiras que caen nas aulas e corredores. O centro non ten aillamento térmico e a comunidade educativa reclama unha reforma integral. Os baños dan bastante vergoña, segundo o director do centro Nel Comba.

A ANPA só pide que se cumpra a lei no que se refire á retirada do amianto nos lugares onde poida estar en contacto coa rapazada. A cuberta data de 1980 e presenta un visible deterioro. A comunidade educativa reclama o cumprimento da lexislación, segundo a directiva da entidade Noelia Rico.

  | Fene aplaude aos seus deportistas. O prazo de presentación de candidaturas para a VI Gala do Deporte do Concello de ...
05/11/2026

| Fene aplaude aos seus deportistas. O prazo de presentación de candidaturas para a VI Gala do Deporte do Concello de Fene permanece aberto ata o día 11 de novembro, segundo informou a concelleira de Deportes, Alba García.

Recoñecer o esforzo e a dedicación e animar á veciñanza a facer deporte son algúns dos obxectivos que persegue a Gala do Deporte de Fene. Desde a Concellería de Deportes organizan para o sábado día 28 de novembro a VI Gala do Deporte que se vai celebrar a partir das seis da tarde no pavilló...

  | Fartura de carne de poldro e de castañas prometen no Magosto de Magalofes que organiza a Asociación San Xurxo. Charl...
05/11/2026

| Fartura de carne de poldro e de castañas prometen no Magosto de Magalofes que organiza a Asociación San Xurxo. Charlamos en Radio Fene co presidente da entidade, Manolo Pico.

Fundamental reservar para ter mesa garantida, a comida está asegurada. Unhas 300 racións de carne de poldro, que se servirá estufada ou á grella, e 170 de castañas teñen listas na asociación veciñal de Magalofes para servir ás persoas que acudan este sábado, día 7 de novembro, ao Magosto....

  |  O Concello de Fene renovará a iluminación do Parque Castelao con novas torretas e proxectores LED. A actuación perm...
04/11/2026

| O Concello de Fene renovará a iluminación do Parque Castelao con novas torretas e proxectores LED. A actuación permitirá mellorar a visibilidade e as condicións de uso do parque mediante un sistema de iluminación máis eficiente. A instalación en altura busca tamén reducir os danos provocados polos reiterados actos vandálicos e roubos que afectan ás luminarias actuais, segundo anunciou a alcaldesa, Sandra Permui.

Catro novas torretas equipadas con proxectores LED de alta capacidade luminosa renovarán o alumeado do Parque Castelao, segundo anunciou o Concello de Fene. A intervención permitirá mellorar a visibilidade nas diferentes zonas do recinto e substituír o actual sistema por unha solución máis efi...

  | O Concello de Fene dálle un novo pulo á reciclaxe de residuos que se xeran no municipio coa súa aposta pola composta...
04/11/2026

| O Concello de Fene dálle un novo pulo á reciclaxe de residuos que se xeran no municipio coa súa aposta pola compostaxe. Ademais da distribución de composteiros individuais a persoas que dispoñen de fincas ou leiras, agora a Concellería de Medio Ambiente facilita a opción de facer compost nunha illa comunitaria situada en Perlío como nos contou a concelleira Cristina García Moroño.

“Mellorar e ampliar a recollida separada dos bioresiduos”. Con ese obxectivo, o Concello de Fene pon en funcionamento no Castro, en Perlío, unha área de compostaxe comunitaria. Trátase de favorecer que poidan aproveitar os residuos orgánicos para facer compost unha vintena de familias veciñ...

  | Perlío 3-1 Val BAmarrou os tres puntos o Perlío feminino no partido disputado o domingo nos Pinares contra o Val B. ...
03/11/2026

| Perlío 3-1 Val B

Amarrou os tres puntos o Perlío feminino no partido disputado o domingo nos Pinares contra o Val B. 3-1. “Controlado practicamente todo o tempo sen sufrir moito” Comentamos o encontro coa adestradora Conchi López.

“O partido foi bonito”, destaca a técnica do Perlío feminino que sumou “tres puntos valiosos contra un rival directo”. Explica Conchi que o equipo estivo ben. “Un bo exemplo a seguir”. Para o Perlío marcaron Rocío Fomoso (2) e Ana Rodríguez Seoane.

Dirección

Casa Do Concello
Fene
15500

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando A Fenestra de Radio Fene publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a A Fenestra de Radio Fene:

Atajos

Compartir

Servicios De Computación Y Electrónica cercanos