03/11/2026
📣 ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CURSO «NON ME CONTES ROLES»!
O Concello de Avión pon en marcha unha formación en liña e gratuíta para promover a igualdade, a corresponsabilidade e o reparto equilibrado das tarefas domésticas e dos coidados no día a día.
Unha proposta práctica para revisar os roles aprendidos, facer visible a carga mental e construír acordos máis xustos nas familias. Porque coidar, pensar e organizar son responsabilidades compartidas. 💛
📝 Prazo de inscrición: a partir do 28 de outubro.
💻 Modalidade: en liña.
📅 Prazo de realización da formación: ata o 30 de novembro.
🕒 Duración: 12 horas, distribuídas en 6 módulos.
👥 Dirixido a persoas adultas e familias diversas.
🗣️ Formación en galego.
👇 INSCRÍBETE NA LIGAZÓN QUE ATOPARÁS NO PRIMEIRO COMENTARIO DESTA PUBLICACIÓN.
Anímate a participar e a construír unha vida cotiá con máis igualdade e tempo compartido! 🤝
Cofinanciado polo Plan Corresponsables. Ministerio de Igualdade, Goberno de España.