A nosa eira

A nosa eira a eira s. coop. galega é unha cooperativa de iniciativa social situada na Costa da Morte.

Ofrece servizos de web e redes, servizos educativos e proxectos de intervención social.

💜 Encántanos dar vida na rede a proxectos coma este.Desde A Eira tivemos a sorte de traballar na nova web de  creando un...
01/10/2026

💜 Encántanos dar vida na rede a proxectos coma este.

Desde A Eira tivemos a sorte de traballar na nova web de creando un espazo para dar visibilidade á asociación, ao seu traballo e a todas as iniciativas que impulsan pola igualdade na Costa da Morte.

Porque unha web non é só unha páxina: tamén pode ser unha ferramenta para contar, conectar, chegar a máis persoas e facer medrar unha comunidade.

Agardamos que esta nova etapa axude a que Buserana siga medrando, sumando mulleres e espallando feminismo por toda a Costa da Morte. 💜

👉 https://buserana.org/

29/09/2026

💜 Estamos moi contentas de contarvos que Buserana estrea web!

É un proxecto que nos fai especial ilusión e que nace para darnos a coñecer, difundir o noso traballo e compartir todo o que facemos: proxectos, encontros, concursos, actividades, actos reivindicativos e outras iniciativas pola igualdade na Costa da Morte.

Ademais agora facerse socia de Buserana é moito máis doado. Podes facelo directamente desde a nosa web:
👉 https://buserana.org/faite-socia/

Queremos seguir sumando voces, apoio e mulleres á rede.

Faite socia ou comparte para que esta rede de buseranas siga medrando! 💜

https://buserana.org/faite-socia/

🤖 Hoxe comezamos unha nova formación en IA aplicada á educación de  Juventud Hai moitas opinións arredor da Intelixencia...
29/09/2026

🤖 Hoxe comezamos unha nova formación en IA aplicada á educación de Juventud

Hai moitas opinións arredor da Intelixencia Artificial, pero como educadora hai algo que teño bastante claro: ante esta realidade temos dúas opcións, prohibir ou educar no seu uso.

E eu quedo coa segunda.

Os nosos rapaces e rapazas xa conviven con estas ferramentas, e o risco non está tanto en que as utilicen como en que o fagan sen entender como funcionan, sen cuestionar as respostas que reciben ou delegando nelas unha capacidade profundamente humana: pensar, reflexionar e formarse o seu propio criterio.

Por iso tamén considero fundamental que nós, como profesionais da educación, sigamos formándonos.

Para poder ensinarlles a preguntar mellor, contrastar información, detectar erros, identificar sesgos e decidir cando a IA pode ser unha boa ferramenta… e cando é importante parar, pensar, resolver e crear por si mesmos. 🧠✨

Non se trata de que a IA pense por eles, senón de ensinarlles a pensar tamén cando utilizan IA.

E ti, que opinas da IA na educación?

Crear sen un destino claro! 💫
27/09/2026

Crear sen un destino claro! 💫

26/09/2026

Dumbría, a parroquia que da mellores froitos 😋

26/09/2026

Moi interesante a andaina botánica e degustación desta mañá da man de Sabores Espontāneos no Camping Lago-Mar 💚💚

📚 Que pasa en cada curso de primaria, e como podemos acompañar desde a casa?Ás veces as familias temos dúbidas moi sinxe...
23/09/2026

📚 Que pasa en cada curso de primaria, e como podemos acompañar desde a casa?

Ás veces as familias temos dúbidas moi sinxelas:
Xa debería ler con máis fluidez?
É normal que lle custe organizarse?
En 5º xa debería estudar só/a?
Como lle axudo sen facer as cousas por el/ela?

Ao longo de Primaria cambian moitas cousas. En 1º están construíndo as bases; en 3º empezan a usar a lectura para aprender; en 5º cobra máis importancia saber estudar; en 6º, gañar autonomía sen quedar sós no proceso.

E desde a casa podemos facer moito con cousas moi cotiás: ler xuntos, falar do que entenden, deixarlles tempo para pensar, utilizar situacións reais para as matemáticas, axudarlles a organizarse ou preguntarlles “como chegaches a esa resposta?”.

Sen présa por adiantar etapas.

Hai nenos e nenas que precisan máis tempo, outros apoios ou outra maneira de acceder á aprendizaxe. Neses casos, acompañar tamén significa adaptar, anticipar, simplificar ou pedir axuda cando é necesario.

🎮 Como de difícil é cada curso da ESO?Eu véxoo así:1º ESO ★★☆☆ — o cambio pesa: máis materias, máis profesorado, máis ex...
21/09/2026

🎮 Como de difícil é cada curso da ESO?

Eu véxoo así:

1º ESO ★★☆☆ — o cambio pesa: máis materias, máis profesorado, máis exames e máis responsabilidade.
2º ESO ★☆☆☆ — se 1º foi ben e as bases están asentadas, adoita ser un curso máis levadío.
3º ESO ★★★★ — para min, o maior salto: máis contido, máis abstracción e xa non chega con improvisar.
4º ESO ★★★☆ — segue sendo esixente, pero xa coñeces mellor como funciona a ESO e podes escoller materias máis próximas ao que queres facer despois.

Pero cada persoa vive a etapa dunha maneira distinta. Hai cursos que se fan máis costa arriba por como estamos nese momento: o sono, a motivación, as amizades, os cambios físicos e emocionais, o estrés… tamén forman parte da adolescencia.

Por iso, unha mala nota ou un trimestre complicado non significa que “non valgas” para estudar. Ás veces hai que parar, revisar que está fallando, reorganizarse, pedir axuda e probar outra estratexia.

E algunhas cousas marcan moita diferenza:

▶ non deixar todo para o último día;
▶ saber en que fallaches, non quedar só coa nota;
▶ practicar desde o principio nas materias acumulativas;
▶ aprender a planificar a semana;
▶ estudar cada materia dunha maneira diferente;
▶ pedir axuda antes de estar desbordado/a.

Na Eira traballamos isto tanto no noso curso de técnicas de estudo como no acompañamento psicopedagóxico individual, cando se necesita un apoio máis específico en organización, planificación, autonomía, funcións executivas ou dificultades de aprendizaxe.

E ti? Coincides co meu ranking?
Segundo a túa experiencia cal foi (ou está sendo) o curso máis difícil da ESO?

Teño 46 anos e na miña época tamén se farmeaba aura...Só que non lle chamábamos así.Porque non deixamos ós adolescentes ...
16/09/2026

Teño 46 anos e na miña época tamén se farmeaba aura...
Só que non lle chamábamos así.
Porque non deixamos ós adolescentes ser simplemente adolescentes.
Están nun mundo complexo, un mundo, que por certo, heredan de nós, porque a veces parece que sairon da nada e aparecen nun mundo diferente ó noso.
Están nunha etapa de construción, de xeración de vínculos cos iguais e de coñecerse mellor.
Deixémolos evolucionar...
Pode que non nos guste cara onde vai esta sociedade, pero en todo caso, eles son as víctimas máis vulnerables deste mundo no que vivimos...

16/09/2026

🎉 Sorteo extra en Facebook!

O sorteo estaba inicialmente pensado para Instagram, pero vimos que tamén houbo persoas que participaron desde Facebook. 💚

Así que decidimos regalar unha axenda a maiores e facer un sorteo extra entre todas as persoas que participaron nesta publicación en Facebook.

🏆 A persoa gañadora recibirá unha das nosas axendas escolares 2026–2027, entre os modelos dispoñibles en stock.

Moitas grazas por participar e por acompañarnos tamén por aquí! 📚✨

Dirección

Cee
Cee
15270

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando A nosa eira publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría